sábado, 7 de febrero de 2009

JORNADA SOBRE INFORMACIÓN NO SEXISTA

CLAVES PARA UNHA INFORMACIÓN NON SEXISTA: COMUNICAR DENDE A PERSPECTIVA DE XÉNERO

I Xornada sobre Información e Xénero

[02/03/2009 - 06/03/2009 ] Co gaio de reflexionar sobre a cobertura que os medios de comunicación fan de determinados acontecementos, así como a procura de acadar un tratamento non sexista, celébranse as I Xornadas sobre Información e Xénero. Claves para unha información non sexista: Comunicar dende a perspectiva de xénero.

As xornadas terán lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación polas tardes, de luns a venres entre as 16.00 horas e as 21.30 horas, dende o 2 ao 6 de marzo de 2009.

As xornadas están destinadas aos alumnos/as de Ciencias da Comunicación (Xornalismo e Comunicación Audiovisual) e das demais facultades da USC; profesionais dos medios de comunicación nos diferentes soportes (prensa, radio, TV e Internet).

O curso ten unha duración total de 36 horas, nas que se inclúen as conferencias que terán lugar ao longo desa semana e a elaboración dunha memoria do impartido e debatido durante as Xornadas, que será avaliada polos Directores.

O prazo de preinscripción comprenderá do 10 ao 25 de febreiro, mediante o correo electrónico curso@cidacom.com ou ben no teléfono 981563100 (ext.16566). Rematado este prazo, e dado que hai número de prazas limitado, comunicaráselles ás persoas interesadas se foron ou non aceptadas.

O prazo de matrícula iniciarase inmediatamente despois e custará 10 euros.

As persoas interesadas deberán remitir os seguintes datos ao correo: curso@cidacom.com

Nome e Apelidos:
DNI:
Estudos que se están a cursar ou xa realizados:
Profesión:
Teléfono:

As I Xornadas sobre Información e Xénero están organizadas polo grupo de investigación CIDACOM (Cidadanía e Comunicación) da facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, con patrocinio da Secretario Xeral de Igualdade e a colaboración do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

curso@cidacom.com

Horario: De luns a venres entre as 16.00 horas e as 21.30 horas, dende o 2 ao 6 de marzo de 2009.

Datas inscrición: [2009-02-10] - [2009-02-25]

Documentos